martes, 21 de marzo de 2017

Voz Natura Curso 17/18

Levamos unhas semanas compartindo ideas de proxectos para o curso que vEn e, a un día de presentar os proxectos  para a XXI Edición de Voz Natura, diriximos a nosa mirada ao bosque galego.

Como resultado da estreita relación entre o ser humano e a súa contorna natural  ao longo dos séculos,  ademais dunha enorme riqueza ambiental, o monte alberga un nutrido patrimonio cultural  asociado á xestión agroforestal, : casas forestais, tinadas, apriscos, abrevaderos,, albercas, muíños, acolmenares, fontes, pozos, acequias, etc.


miércoles, 1 de marzo de 2017

Benvidos

Somos o colexio Manuel Murguía , que está en Feáns un barrio de A Coruña. Este é o segundo ano que estamos en Voz Natura e por fin decidímonos a facer un blogue dende onde estar informados de todas as actividades que facemos.
O Proxecto de Voz Natura está intimamente ligado con outro no cal xa levamos tres anos e que é o de convertirnos nunha ecoescola.  As ecoescolas é un  programa  da ADEAC (Asociación De Educación Ambiental e do Consumidor)  que é unha asociación sen ánimo de lucro, cofundadora no ano 1982 da Fee, xunto con outras Organizacións Non Gobernamentais de cinco países europeos, constituíndo a súa rama nacional en España e responsable do desenvolvemento dos seus programas.
As Ecoescolas colaboran cos seus municipios e as demais Ecoescolas na aplicación da Axenda 21, en especial, en temas como Auga, Enerxía ou Residuos, e outros como, Biodiversidade, Consumo responsable e Comercio Xusto. O Programa Ecoescuelas conta xa cuns 38.000 centros participantes en 49 países, dos 5 continentes, 450 deles en España.
Seguiremos informando do traballo realizado ata o momento.